F*EX - Frams' Fast File EXchange

F*EX (Frams' Fast File EXchange) é un servizo para enviar voluminosos (grandes, enormes, xigantes, ...) ficheiros dun usuario A a un usuario B.

O remisor carga o ficheiro no servidor F*EX usando un formulario WWW e o receptor automaticamente obtén unha notificación vía correo cun enderezo URL para descargar.

Vostede dirá:

Por que necesito outro servizo para transferencia de ficheiros?!
Teño correo, ftp, ssh e mesmo sendfile!

Ao que respondo:

Aínda así necesita F*EX :-)

Por exemplo, quere enviar ao seu amigo o video das últimas vacacións (1 GB).  Ten as seguintes posibilidades (e problemas):

Se respondeu só unha vez "non" ás cuestións anteriores, entón necesita F*EX.

Principais funcionalidades de F*EX

Falemos de SEX

F*EX ten un compañeiro: Stream EXchange (SEX).

Pode imaxinar SEX como unha rede de tubarías UNIX cun reenviador (relay) entre elas. Isto pode ser moi práctico para intercambiar datos entre o usuario A e o usuario B alí onde A e B non poden establecer unha conexión directa, pero ambos poden conectar vía HTTP ao servidor SEX. Para unha integración perfecta na cadea de ferramentas UNIX, hai ferramentas de shell como sexsend e sexget.

A autenticación é a mesma que con F*EX.

Quedanlle preguntas?

Vexa a FAQ

contacto: fexmaster