Cuestións meta: =============== Q: Por que o nome "F*EX" e non directamente "FEX"? A: No momento de facerse público xa había unha (antigo) aplicativo chamado "FEX" en freshmeat.net. Q: Por que non usar un servizo comercial como DropLoad, ALLPeers, YouSendIt, etc? A: Teñen un límite de 2 GB ou menor. A súa seguranza e privacidade son descoñecidas. Non se basean en código fonte aberto. Non hai clientes de UNIX (CLI) para eles. Necesitan java, active-X, flash ou outros endemoñados complementos. Descoñécese canto tempo van funcionar - DropLoad e ALLPeers xa pecharon as súas portas. Q: Por que un camelo no logo? A: O logo inspirouse no camelo de Perl, pero baseáse en Steiff, un camelo de peluxe, co cal constituímos o noso tándem. O logo foi debuxado por Beate http://fex.rus.uni-stuttgart.de/Vortrag/tosa.html Q: Onde podo eu obter as fontes de F*EX? A: http://fex.rus.uni-stuttgart.de/fex.html Q: Que necesito para instalar F*EX? A: Un servidor UNIX con entrada no DNS e smtp para o correo de saída. E debe ser root nese servidor. Q: Que é o DNS e smtp? A: Non instale F*EX. Está alén das súas posibilidade. Q: Quen e o autor? A: Ulli Horlacher <framstag@rus.uni-stuttgart.de> Q: Que licenza ten F*EX? A: De software libre, Perl Artistic, vexa http://fex.rus.uni-stuttgart.de/doc/Licence Q: Hai unha lista de correo de F*EX? A: https://listserv.uni-stuttgart.de/mailman/listinfo/fex Q: Onde podo obter asistencia comercial para F*EX? A: Contacto fex@nepustil.net http://www.nepustil.net/ Q: Teñeo máis/outras preguntas diferentes! A: Preguntarlle ao autor <framstag@rus.uni-stuttgart.de> Preguntas de usuario: ===================== Q: Que é o "auth-ID"? A: O auth-ID é unha identificación interna que autentica o usuario. Será a primeira xerada polo admin ou o proceso de rexistro automático e pode despois modificalo vostede, o usuario. Trátase dun contrasinal de baixa seguranza. Q: Podo usar un proxy HTTP? A: Si. Q: Carguei un ficheiro ENORME pero equivoqueime ao escribir o enderezo do destinatario. Agora teño un erro de entrega de correo. Debo volver cargar ese ENORME ficheiro? A: Non, non fai falta. Pode redirixir o ficheiro con http://$HTTP_HOST$/rup Q: Cargue un ficheiro ENORME pero esquecín outro destinatario. Debo volver cargar ese ENORME ficheiro? A: Non, non é necesario. Pode reenviar copia do ficheiro con http://$HTTP_HOST$/foc Q: Non podo cargar ficheiros > 2 GB co meu navegador web!? A: Todos os navegadores teñen defectos na implementación dos seus formularios HTML. O límite máis frecuente é de 2 GB, ás veces 4 GB. Debe usar un cliente especial de F*EX para cargar ficheiros > 2 GB, vexa http://$HTTP_HOST$/tools.html Q: A miña descarga abortouse antes de rematar. Podo retomar esa descarga? A: F*EX permite retomar e descargar, pero o seu cliente tamén debe permitir esta funcionalidade. Firefox por exemplo carece desta funcionalidade HTTP, necesitará outro cliente como Opera, wget ou fexget. Q: A miña carga foi abortada antes de rematar. Podo retomar esa carga? A: F*EX permite retomar a carga, pero o seu cliente debe permitir vbnm, 1tupports resuming at upload, but your client also has to support it. No web browser has this feature, you need a special F*EX client like fexsend, schwuppdiwupp or F*IX. See http://$HTTP_HOST$/tools.html Q: O meu navegador non pode iniciar o cliente java F*IX, que indica: "non se atopou un entorno de execución java, non se pode iniciar F*IX o miniaplicativo de carga" A: Non se localiza un complemento java do navegador. En Debian e Ubuntu pode instalalo con: "sudo aptitude install sun-java6-plugin" Q: Cando premo[ESC] no Firefox a carga cancélase. Por que? A: Esta é unha funcionalidade interna do Firefox: ESC termina a operación actual. Solución simple: non prema ESC no Firefox. Solución complexa: pídalles aos desenvolvedores do Firefox que engadan un atallo de teclado. Q: O envío como un usuario F*EX é doado, pero como recibir ficheiros doutros, de fóra? A: Rexístreos como subusuarios ou cree un grupo F*EX con http://$HTTP_HOST$/fuc Q: Ás veces podo descargar un ficheiro máis dunha vez, especialamente cando o repito rapidamente. Está a funcionalidade de auteliminación defectuosa? A: O servidor F*EX ten un períod de gracia de 1 minuto despois da primeira descarga correcta no cal o ficheiro aínda está dispoñíbel. Isto é necesario porque algúns "xestores de descargas" estúpidos solicitan o ficheiro varias veces á vez. Caso contrario poderían indicar un erro ao usuario. A: O seu fexmaster ten un conxunto AUTODELETE=DELAY como predeterminado, o que significa que o proceso de autolimpeza realízase unha vez ao día. A: Os "Power users" ou usuarios con permisos (usa a forza, Luke!) poden establecer unha marca "non eliminar ata despois da descarga". Q: O período de reserva predeterminado é demasiado curto para min, cómpreme máis. Como podo estabelecelo? A: Use fexsend, pídallo ao seu fexmaster ou lea o código fonte :-) Q: Non podo descargar ficheiros con Internet Explorer, dime "Non se pode abrir o sitio da Internet". Que debería facer? A: Use Firefox ou calquera outro navegador compatíbel con Internet, xa que Internet Explorer non o é. Este é un de tanto defectos do Internet Explorer. Preguntas de administrador: =========================== Q: Non podo instalar un servidor web como fexsrv, porque non teño permisos de root Hai algunha versión en puro CGI de F*EX que funcione cun servidor web Apache? A: F*EX está intimamente unido a fexsrv por varias razóns (rendemento, límite de tamaño de ficheiro, concepto de sesiónt, etc.) e non se pode executar como CGI con Apache. Pero pódelle botar un ollo a http://gpl.univ-avignon.fr/filez/ http://freshmeat.net/projects/eventh/ http://www.schaarwaechter.de/sp/projekte/dateiaustausch.html (só en alemán!) que implementa un intercambio de ficheiros como puros CGI, pero cun tamaño límite de 2 GB por ficheiro. Q: F*EX non funciona! Non podo conectarme co meu navegador web! A: Comprobe o seu enrutamento, filtros ip e configuración de devasa. Tamén comprobe se o seu xinetd está ligado cun tcp-wrapper e configúreo correctamente (hosts.allow). F*EX necesita o porto 80/tcp (HTTP) e o porto opcional 443/tcp (HTTPS). Q: F*EX é complicado de máis! Necesito algo máis simplificado. A: Probe http://www.home.unix-ag.org/simon/woof.html Q: Como podo integrar F*EX no xestor de usuarios do meu sitio? A: F*EX ten varios módulos de autenticación: local, RADIUS, LDAP, mailman e POP Para os 4 últimos, contacte por favor co autor framstag@rus.uni-stuttgart.de Q: Que que todos os meus usuarios locais poidan usar F*EX automatimente. Como? A: Permítaos rexistrarse a si mesmos con http://yourfexserver/fur Ten que editar lib/fex.ph e establecer (exemplo): @local_hosts = qw(127.0.0.1 10.10.100.0-10.10.255.255); @local_domains = qw(flupp.org ulm.sub.net); (Por suposto, ten que engadir os seus servidores/redes locais reais!) Q: Necesito máis seguranza! Como podo activar HTTPS? A: Lea doc/SSL e busque "fop_auth" en doc/concept Q: Necesito un aspecto corporativo. Como podo configurar F*EX neste sentido? A: Vexa a variábel @H1_extra en fex.ph e pode engadir o código HTML a htdocs/header.html A: Vexa htdocs/fup_template.html, modifíqueo ás súas necesidades e úseo como a súa páxina de inicio. Q: F*EX é demasiado complicado para os meus pobres usuarios. Necesito un formulario de carga simmplificado. A: Vexa htdocs/fup_template.html Q: Quero que os correos Ccc a (ao usuario admin) se envíen a outro enderezo. A: Use procmail ou escriba OTHERADDRESS en /home/fex/.forward Q: Podo obter unha versión localizada no meu idioma? A: Sempre coa súa axuda, si. Contacte co autor framstag@rus.uni-stuttgart.de Preguntas en miscelánea: ======================== Q: F*EX é fantástico! Podo unirme ao equipo de desenvolvemento? Que hai que facer? A: Contacte co autor framstag@rus.uni-stuttgart.de As funcionalidades buscadas son: - un complemento F*EX para o Thunderbird ou o Outlook - máis (outras) idiomas dispoñíbeis