F*EX - Frams' Fast File EXchange
F*EX (Frams' Fast File EXchange) é un servizo para enviar voluminosos
(grandes, enormes, xigantes, ...) ficheiros dun usuario A a un usuario
B.
O remisor carga o ficheiro no servidor F*EX usando un formulario WWW e o receptor automaticamente obtén unha notificación vía correo cun enderezo URL para descargar.
Vostede dirá:
Por que necesito outro servizo para transferencia de ficheiros?!
Teño correo, ftp, ssh e mesmo sendfile!
Ao que respondo:
Aínda así necesita F*EX :-)
Por exemplo, quere enviar ao seu amigo o video das últimas vacacións (1 GB). Ten as seguintes posibilidades (e problemas):
o envío dun DVD vía correo postal
Nin o vou considerar - vivimos na época actual
<>
despois da invención da Internet!
O envío de soportes multimedia (físicos) é para avoíñas.
o uso do correo
A maior parte dos servidores de correo teñen un límite de 10 MB por
mensaxe e unha cota de uso de disco duns poucos 100 MB por usuario ou
mesmo menor.
uucp
E por que non escritura cuneiforme en laxes de pedra?
ssh
Ou ben tes os contrasinais dos teus amigos ou ben terás que darlles a túa
- fai falta iso só para transferir un ficheiro?
ftp
- Usando que servidor ftp?
- Usando que conta, que contrasinal?
- Non se lle pasará pola cabeza enviar contrasinais sen cifrar e ficheiros na incerta Internet?
- O seu proxy permite o ftp pasivo?
- No caso de ftp anónimo:
- Permite cargas de 1 GB?
- Permite eliminar a carga despois?
- Quen pode descargar ademais o seu ficheiro?
- Quen pode eliminar o seu ficheiro?
- Ten
que enviarlle ao seu amigo/a o URL de descarga, el ten que informarte
de que o descargou correctamente, despois ten vostede que eliminalo.
Definitivamente: unha merda pinchada nun pao.
http
- Nin carga predeterminada nin xestión de usuario - debe ser programada
- Sen autonotificación
- Sen autoeliminado
- Moi poucos servidores http poden xestionar ficheiros superiores a 2 GB
sendfile
- Executas un UNIX e tes o sendfile instalado?
- O teu receptor executa UNIX e ten o sendfile instalado?
- Nin ti nin o teu receptor ten unha devasa que bloquee o porto 487?
servizos comerciais como DropLoad, ALLPeers, YouSendIt, etc
- Que límite teñen (maiormente: < 2 GB)?
- Como andan de seguranza e privacidade: estarán os seus ficheiros gardados e seguros?
- Están baseados en software aberto ou en privativo?
- Están accesíbeis con calquera outro navegador ou cómpre usar java, active-X, flash ou outros complementos endemoñados?
- Funcionarán alén duns poucos meses?
(DropLoad, ALLPeers e drop.io xa pecharon as súas portas)
Se respondeu só unha vez "non" ás cuestións anteriores, entón necesita F*EX.
Principais funcionalidades de F*EX
- transferencia de ficheiro ou tamaño virtualmente ilimitada
- receptor e remitente só necesitan un programa de correo e un navegador web -
de calquer clase, non teñen que instalar ningún software
- REENVIAR and REOBTER para retomar despois de fallos de ligazón ata que se envíe o último byte
- autonotificación de receptor
- autoeliminación despois da descarga
- autoeliminación despois dunha data de expiración (predeterminada: 5 días)
- os usuarios con plenos dereitos poden crear subusuarios, que poden envíar soamente a este usuario pleno
- os usuarios con plenos dereitos poden crear grupos, en analoxía coas listas de correo, pero para ficheiros
- sen mantemetno: non se necesita interacción acompañando a creación de novas contas con F*EX
- o envío a múltiples receptores necesita capacidade de almacenamento no servidor só unha vez
- F*EX é un servizo web por HTTP e non necesita túneles nin devasas
- permite a distribución de fluxos, tamén
- para usuarios reais de UNIX, hai aplicativos da shell como fexsend e fexget que evitan o uso impertinente de navegador
- o protocolo e o código fonte están dispoñíbeis libremente (Perl Artistic)
Falemos de SEX
F*EX ten un compañeiro: Stream EXchange (SEX).Pode
imaxinar SEX como unha rede de tubarías UNIX cun reenviador (relay)
entre elas.
Isto pode ser moi práctico para intercambiar datos entre o usuario A e
o usuario B alí onde A e B non poden establecer unha conexión directa,
pero ambos poden conectar vía HTTP ao servidor
SEX. Para unha integración perfecta na cadea de ferramentas UNIX, hai
ferramentas de shell como sexsend e sexget.
A autenticación é a mesma que con F*EX.
Quedanlle preguntas?
Vexa a FAQ
contacto: fexmaster